Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
Decembro 2021
Exposición dos traballos participantes no Concurso de carteis de Nadal
Organizado polo Concello de Betanzos no 1.º andar do edificio Arquivo, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h de martes a venres e de 11:30 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h os sábados. Gabriel Barreiro Sánchez, estudante de 3ªA de Educación Primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín, gañaou co seu debuxo no que recolle unha imaxe da fachada do Concello xunto coa bola de Nadal luminosa cos…
Más información »Exposición titulada “Betanzos”, da artista María José Domingo
Horario de visitas de 10:00 h a 14:00 h e 19:00 h a 22:00 h de martes a venres e de 11:30 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h os sábados. Colabora o Concello de Betanzos.
Más información »Presentación do libro Poética musical de Ígor Stravinski (SUSPENDIDO)
En tradución e estudo do músico betanceiro Javier Ares Yebra, publicado por Alvarellos Editora. Colabora o Concello de Betanzos.
Más información »IV San Silvestre Betanceira
Organizan Concello de Betanzos e Club Atletismo Betanzos.
Más información »Xaneiro 2022
“Fala por radio coas súas maxestades os Reis Magos de Oriente” (SUSPENDIDO)
Desde o Radio Club Costa Verde organizador do acto, comunicanos a suspensión da actividade debido ao constante incremento de casos derivados da COVID e para evitar contaxios e protexer a saude da poboación en xeral.
Más información »Exposición “Primeiro premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez 2021”
Da que é autor Adair García (México), de martes a sábado en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
Más información »Entrega de premios do IV Concurso de cartas aos Reis Magos.
Mércores 5, ás 16:30 h na Aula de Cultura Xulio Cuns do edificio Arquivo, Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa de Nadal. Para mais información prema aquí
Más información »Obradoiro “Iniciación á Informática”
Para persoas que desexen iniciarse na informática. En horario de 10:00 h a 12:00 h. Para máis información e inscricións (ata o día 07/01) na propia aula, no teléfono 981 771 300 (ext. 2401) e tamén no enderezo electrónico [email protected].
Más información »Curso “Edición de fotos con Gimp”
Os días 17, 18, 19, 20, 24, 25, 26 e 27 se levará a cabo por videoconferencia. En horario de 10:00 h a 12:00 h. Para máis información e inscricións (ata o día 13/01) na propia aula, no teléfono 981 771 300 (ext. 2401) e tamén no enderezo electrónico [email protected]. Organiza o Concello de Betanzos.
Más información »