Festa da Nosa Señora da Ascensión en Castro-Pontellas

134

Dentro da programación de dinamización local que está levando a cabo o Concello inclúense unha serie de actividades de posta en valor das festas parroquiais dos núcleos rurais do Concello, que mor da Pandemia non poden ser celebradas por segundo ano consecutivo.

Así pois, dende o Goberno Local deseñouse unha campaña na que se inclúen o lanzamento de doce salvas e unha alborada nos días habituais de cada festividade. Con este pequeno recordo, o Concello trata de agradecer e poñer en valor o inestimable traballo levado a cabo polas distintas comisións veciñais que, ao longo dos anos, veñen organizando as festas nas parroquiais do Concello e que na actualidade non poden ser levadas a cabo.

Ademais, o Goberno Local está a traballar na organización de diversas accións dirixidas a recuperar e consolidar estas festas tradicionais e así, no momento en que se poida volver á “normalidade” o Concello e as Comisións desenvolvan de forma conxunta actividades de dinamización destas festas e da participación veciñal.

Así pois, dentro desta campaña, o pasado 13 de maio, data da tradicional Festa da Nosa Señora da Ascensión en Castro-Pontellas, celebrouse unha alborada no entorno da Igrexa Parroquial.

ARTIGOS RELACIONADOS

As antiguas rutas xacobeas do territorio brigantino. VER

Algunos toponimos de la comarca de Betanzos. VER

Os murales de Santa Maria de Castro Pontellas. VER