Festas de San Martiño de Tiobre en honra a San Pedro

199

Dentro da programación de dinamización local que está levando a cabo o Concello inclúense unha serie de actividades de posta en valor das festas parroquiais dos núcleos rurais do Concello, que mor da Pandemia non poden ser celebradas por segundo ano consecutivo.

Así pois, dende o Goberno Local deseñouse unha campaña na que se inclúen o lanzamento de doce salvas e unha alborada nos días habituais de cada festividade. Con este pequeno recordo, o Concello trata de agradecer e poñer en valor o inestimable traballo levado a cabo polas distintas comisións veciñais que, ao longo dos anos, veñen organizando as festas nas parroquiais do Concello e que na actualidade non poden ser levadas a cabo.

Ademais, o Goberno Local está a traballar na organización de diversas accións dirixidas a recuperar e consolidar estas festas tradicionais e así, no momento en que se poida volver á “normalidade” o Concello e as Comisións desenvolvan de forma conxunta actividades de dinamización destas festas e da participación veciñal.

Así pois, dentro desta campaña, o sábado 26 de xuño, as 13:00 h celebrarase a misa e a alborada e o próximo 29 de xuño, data da tradicional Festa de san Pedro en San Martiño de Tiobre, botaranse as 12 bombas en lembranza da celebración. 

ARTIGOS RELACIONADOS

Itinerario de la ruta jacobea camino inglés. VER

La iglesia románica de San Martño de Tiobre. VER

Mundo rural y mundo urbano en unha vila galega. Betanzos. VER

Nostalgia por San Paio. VER

El Meno. Diario de Betanzos. VER

Betanzos de los caballeros. VER24