Festas de San Xoan en Piadela

167
Parroquia de S.Esteban de Piadela

Dentro da programación de dinamización local que está levando a cabo o Concello inclúense unha serie de actividades de posta en valor das festas parroquiais dos núcleos rurais do Concello, que mor da Pandemia non poden ser celebradas por segundo ano consecutivo.

Así pois, dende o Goberno Local deseñouse unha campaña na que se inclúen o lanzamento de doce salvas e unha alborada nos días habituais de cada festividade. Con este pequeno recordo, o Concello trata de agradecer e poñer en valor o inestimable traballo levado a cabo polas distintas comisións veciñais que, ao longo dos anos, veñen organizando as festas nas parroquiais do Concello e que na actualidade non poden ser levadas a cabo.

Ademais, o Goberno Local está a traballar na organización de diversas accións dirixidas a recuperar e consolidar estas festas tradicionais e así, no momento en que se poida volver á “normalidade” o Concello e as Comisións desenvolvan de forma conxunta actividades de dinamización destas festas e da participación veciñal.

Así pois, dentro desta campaña, o próximo 24 de xuño, datas da tradicionais Festas San Xoan en Piadela, botaranse as 12 bombas en lembranza da celebración e o próximo domingo 27 celebrarase a misa ás 12 da mañá para posteriormente celebrar unha alborada

ARTIGOS RELACIONADOS

As vellas tellerias de Piadela. VER

Informe de la restauración de un retablo de la iglesia de San Estevo de Piadela (Betanzos). VER

Publicación oficial del centro cultural de Betanzos. VER

SCDR San Estevo de Piadela. VER