Cargando Eventos

← Volver a Eventos

Igrexa de Santa María

+ Google Map
España

Abril 2019

Concerto “Te Deum de Charpentier”

14 Abril, 2019 @ 21:00 - 22:30

Por conta do Coro Cantábile, organizado pola Confraría de Semana Santa co patrocinio do Concello de Betanzos.

Más información »

Concerto “La música nos lleva a Dios”

15 Abril, 2019 @ 20:30 - 22:00

Por conta do Ensemble Iulius XIII, organizado pola Confraría de Semana Santa co patrocinio do Concello de Betanzos.

Más información »

Procesión do Santo Encontro

18 Abril, 2019 @ 21:30 - 23:30

Dende as igrexas de Santa María, San Francisco e Santiago, cos pasos: Xesús atado á columna, Xesús Nazareno de Medinaceli, Cristo dos Mareantes ou da Misericordia, Ecce Homo e o paso da Virxe Dolorosa. Desenvolverase na praza da Constitución a cerimonia do Santo Encontro e no adro de Santa María a cerimonia da despedida coa participación das sopranos Victoria Álvarez e Crsitina López. Acompañarán a procesión a Banda de gaitas e tambores Zucurrundullo de Castroverde (Lugo) e a Banda Acotaga…

Más información »

Vía Crucis Escenificado.

19 Abril, 2019 @ 12:00 - 13:30
Más información »

Interpretación do Gloria de A. Vivaldi

27 Abril, 2019 @ 20:30 - 22:00

Por conta do Coro e a Orquesta de Cámara da Escola Municipal de Música da Coruña. Organiza Concello de Betanzos dentro dos actos do 800 aniversario.

Más información »

Xullo 2019

IV Festival de Artes Escénicas na Rúa “Vai de rúa”

27 Xullo, 2019 @ 13:00 - 14:30

No adro da igrexa de Santa María, terá lugar a actuación de Paco Nogueiras có seu espectáculo musical “Brinca vai!”. Organiza o Concello de Betanzos, colabora Deputación da Coruña.

Más información »

IV Festival de Artes Escénicas na Rúa “Vai de rúa”

28 Xullo, 2019 @ 13:00 - 14:00

Coa actuación de Pakolas e o seu espectáculo musical “as parábolas de Pakolas”. Organiza o Concello de Betanzos, colabora Deputación da Coruña.

Más información »

Decembro 2019

Concerto da Ilusión da Banda Municipal de Música de Betanzos

1 Decembro, 2019 @ 20:30 - 22:00

Organiza o Concello de Betanzos coa colaboración da Asociación Amigos da Banda.

Más información »

Febreiro 2020

Concerto “Betanzos 800 aniversario. Untia+Azougue+EMuF”

9 Febreiro, 2020 @ 19:30 - 20:30

Foi un ano moi especial para o concello de Betanzos, tamén o foi para a súa Escola Municipal de Folclore. E como colofón ao 800 aniversario e 25 aniversario da nosa Escola, despois de actuacións tan importantes e significativas como foron a posta en escena das catro danzas gremiais de Betanzos no Día de Galicia, a interpretación da Danza de Xastres xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia na praza dos Irmáns García Naveira, a Exposición “25 anos vestindo a EMuF”…

Más información »

Concerto do guitarrista betanceiro Javier Ares Yebra

16 Febreiro, 2020 @ 19:00 - 20:30

Para descargar o programa do concerto prema aquí Organiza o Concello de Betanzos.

Más información »

Outubro 2020

Concerto de música antiga por conta do grupo Alia Mvsica (Vox Feminae)

2 Outubro, 2020 @ 20:00 - 22:00

Baixo a dirección de Miguel Sánchez, co título “Secreta mulierum”, dentro do Programa Circuítos (Música antiga en Betanzos) organizado polo Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) do Ministerio de Educación Cultura e Deporte coa coprodución da Unidade Pastoral de Betanzos e do Concello de Betanzos.

Más información »

Concerto de música antiga por conta do grupo Schola Antiqua

3 Outubro, 2020 @ 20:00 - 22:00

Baixo a dirección de Juan Carlos Asensio, co título “Músicas e ritos na Galicia medieval: o culto e os santos nos códices galegos”, dentro do Programa Circuítos (Música antiga en Betanzos) organizado polo Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) do Ministerio de Educación Cultura e Deporte coa coproducción da Unidade Pastoral de Betanzos e do Concello de Betanzos.

Más información »

Concerto de música antiga co título “Ultramar: unha viaxe pola música do século XVII entre Italia, España e América”

4 Outubro, 2020 @ 20:00 - 22:00

Concerto de música antiga por conta do dúo formado pola soprano Mercedes Hernández e pola arpa de dúas ordes de Manuel Vilas, co título “Ultramar: unha viaxe pola música do século XVII entre Italia, España e América”, dentro do Programa Circuítos (Música antiga en Betanzos) organizado polo Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) do Ministerio de Educación Cultura e Deporte coa coproducción da Unidade Pastoral de Betanzos e do Concello…

Más información »

Xuño 2021

Concerto do grupo Untía.

5 Xuño, 2021 @ 20:00 - 21:30

Organiza Orquesta Sinfónica de Galicia, colabora o Concello de Betanzos. Entrada de balde ata completar a capacidade.

Más información »

Novembro 2021

Concerto da Ilusión da Banda Municipal de Música de Betanzos.

21 Novembro, 2021 @ 19:30 - 21:00

Organiza o Concello de Betanzos coa colaboración da Asociación Amigos da Banda.

Más información »

Xuño 2022

“Xornada divulgativa do proceso de restauración do retablo de San Pedro”

18 Xuño, 2022 @ 11:00 - 13:00

Organizada pola Unidad Pastoral de Betanzos.

Más información »

Setembro 2022

Acto institucional de homenaxe a Antolín Faraldo

2 Setembro, 2022 @ 20:30 - 21:30

Dentro dos actos do programa polo bicentenario do seu nacemento.  Cúmprense 200 anos do nacemento de Antolín Faraldo O escritor betanceiro foi todo un referente na literatura galega e na defensa dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas

Más información »

Novembro 2022

Xornada de divulgación dos labores de restauración do retablo de San Pedro

5 Novembro, 2022 @ 11:00 - 12:30

Xornada de divulgación dos labores de restauración do retablo de San Pedro, a recuperación do arcosolio e pintura superior. Organiza a Unidade Pastoral de Betanzos.

Más información »

Decembro 2022

Concerto da Ilusión da Banda Municipal de Música de Betanzos.

3 Decembro, 2022 @ 20:00 - 21:30

Organiza o Concello de Betanzos coa colaboración da Asociación Amigos da Banda.

Más información »

Maio 2023

Concerto de música antiga por conta dos violinistas Miriam Hontana e Adrian Linares

20 Maio, 2023 @ 20:00 - 21:30

Dentro do Programa Circuítos (Música antiga en Betanzos) organizado polo Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) do Ministerio de Educación Cultura e Deporte coa coprodución da Unidade Pastoral de Betanzos e do Concello de Betanzos. Acceso libre ata completar a capacidade.

Más información »

Concerto Xacobeo Clarinet Ensemble

27 Maio, 2023 @ 20:30 - 21:30

O vindeiro sábado 27 poderás gozar da maxia do clarinetista Juan Ferrer no concerto Xacobeo Clarinet Ensemble Será na igrexa de Santa María do Azogue ás  20:30 horas.

Más información »

Novembro 2023

Concerto da Ilusión da Banda Municipal de Música de Betanzos

26 Novembro, 2023 @ 19:30 - 21:00

Organiza o Concello de Betanzos coa colaboración da Asociación Amigos da Banda.

Más información »
+ Exportar Eventos