O vindeiro sábado 30 celebraremos dúas novas actividades no complexo cultural Vicente de la Fuente.
Pola mañá descubriremos as lendas que antigamente contaban os avós a través dun contacontos de Mere Clown. É un contacontos apto para todas as idades pero como hai prazas limitadas hai que facer a inscrición previa no seguinte enlace: Contacontos de Mere Clown
Pola tarde, e dentro do programa Ler Conta Moito, faremos un obradoiro de cómic co debuxante Santy Gutiérrez, onde aprenderemos a deseñar as nosas propias historias. Este obradoiro está pensado para nenos e nenas de entre 8 e 13 anos. Como tamén ten prazas limitadas hai que realizar a inscrición no seguinte enlace: Obradoiro de cómic