O 15 de maio ábrese o prazo de inscrición para o campamento de verán Betanzos Concilia.

494

Un ano máis, o Concello de Betanzos realiza o campamento de verán Betanzos Concilia, co obxectivo de fomentar a conciliación das familias betanceiras no período estival de 2023.

Un ano máis, o Concello de Betanzos realiza o campamento de verán Betanzos Concilia, co obxectivo de fomentar a conciliación das familias betanceiras no período estival de 2023.

Desenvolverase nas dependencias do CEIP Francisco Vales Villamarín en tres quendas diferenciadas; a primeira do 22 de xuño ao 7 de xullo, a segunda do 10 ao 28 de xullo, e a terceira do 31 de xullo ao 11 de agosto.



O horario dos campamentos establecerase de 9:00 a 14:00 horas, con entrada e saída flexible de 9 a 10 e de 13 a 14 respectivamente. Nesta anualidade, ademais, ofrécese un servizo de Mañanceiros sen custe de 08:00 a 09:00 horas.

O número de prazas ofertadas por quenda é de 50, tendo preferencia quen se encontre empadroado/a no municipio brigantino. A cota de participación por quenda e menor é de 50 euros.

Poden realizar a solicitude as familias de nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, nacidos entre 2011 e 2019. O prazo de inscrición estará aberto dende o luns 15 de maio ata o mérores 31 de maio.

As solicitudes presentaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Betanzos https://sede.betanzos.gal. As persoas que acrediten que non contan cós medios necesarios para realizalo por esta vía, poderán contactar cós servizos sociais, chamando ao 981 77 07 07, para realizala solicitude de xeito presencial durante todo o prazo de inscrición.

Para consultar ás bases do servizo de campamentos de verán Betanzos Concilia 2023 prema aquí

Para máis información sobre campamentos de verán Betanzos Concilia 2023, prema aquí