O Concello abriu ata o día 20 de xuño o prazo para solicitar a autorización para a realización de lumeiradas de San Xoán e de San Pedro que teñan lugar en zonas públicas.

59

As persoas interesadas deberán pedir autorización ata o día 20 de xuño para a realización de lumeiradas en lugares públicos a través da sede electrónica do Concello a través da solicitude xeral ou premendo aquí

Neste caso, as persoas responsables deberán cumprir as seguintes condicións:

Non está permitido ocupar a vía e impedir a circulación dos vehículos.

Deberá manter no mellor estado posible a vía pública.

-A celebración deberá finalizar, como máximo, ás 02:00 h.

-Deberá respectar o límite de decibeles na normativa vixente.

-En todo momento debe seguir as indicacións da Policía Local.

Por outro lado, o Concello de Betanzos habilita un rexistro para a realización de lumeiradas en lugares privados na páxina web do Concello novas.betanzos.gal a partir do día 5 de xuño.