O Concello de Betanzos pon en marcha o Obradoiro de Estimulación Cognitiva e Memoria para o curso 2023 – 2024.

57

Un ano máis, ábrese o prazo de inscrición para o obradoiro municipal de Estimulación Cognitiva e Memoria, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Haberá catro grupos diferenciados; dous que se desenvolverán os martes no rural e outros dous os xoves no centro de Betanzos. Os lugares de impartición das clases serán os centros sociais correspondentes.

Poderán participar todas as persoas que teñan 60 ou máis anos, sempre que as súas facultades físicas e cognitivas así o permitan.

As clases comezarán no mes de outubro e permanecerán activas ata o mes de xuño.

O período para realizar as solicitudes será do luns 18 de setembro ao venres 29, ambos incluídos, tanto nas dependencias de Servizos Sociais como nos centros sociais de Infesta e Xanrozo

Para descargar a folla de inscrición prema aquí