O programa universitario para persoas maiores de 50 anos da Universidade da Coruña comezará o 1 de setembro a inscrición para a 6ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento “Compartir Experiencias e Coñecementos”, que se ven desenvolvendo en Betanzos dende 2018, coa colaboración do Concello de Betanzos.
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Betanzos, a 6ª edición dun Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de setembro e outubro de 2024, no Cine Teatro Alfonsetti, na praza Irmáns García Naveira, 24, de Betanzos.
A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Betanzos (https://universidadesenior.org/betanzos/) ou presencialmente a través Departamento de Educación do Concello de Betanzos, entre o 1 e o 18 de setembro.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas. Todas elas impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MODULO 1. Arte e Patrimonio
* 23 de setembro, “O Imaxinario Social da Natureza e os seus Desastres”, a cargo da profa. Elvira Santiago Gómez
* 24 de setembro, “A Moda a través da Historia” a cargo da profa. Elvira Lezcano González
* 30 de setembro, “Do Renacemento ao Barroco a través da Arquitectura dos Mosteiros Galegos” a cargo da profa. Estefanía López Salas.
* Martes, 1 de outubro, en horario por determinar, Visita cultural
MODULO 2. Ciencia e Tecnoloxía
* 7 de outubro, “I+D e Innovación en Galicia” a cargo do prof. Alfonso Bravo Juega.
* 8 de outubro, “Situarse no Mar: O Ceo como Guía” a cargo da profa. Alsira Salgado Don.
* 14 de outubro, “Ciencia con Datos” a cargo do prof. Salvador Naya Fernández
* 15 de outubro, en horario por determinar, Saída de campo
MODULO 3. Saúde e Benestar
* 21 de outubro, “Factores de Risco da Demencia” a cargo do prof. J. L. Rodríguez-Villamil Fernández.
* 22 de outubro, “Que é o Edadismo? Reflexionando para acadar unha Sociedade Inclusiva”, a cargo da prof. Raquel Veiga Seijo
* 28 de outubro, “Augas termais e Saúde” a cargo da profa. Rosa Meijide Faílde.
* 29 de outubro, en horario por determinar, Saída de campo
O día 28 de outubro, a partir das 19:15 horas, terá lugar o Acto de clausura a entrega de diplomas aos participantes.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Betanzos, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.