Prazas cubertas para o concerto didáctico “Fíos do querer” dos Sábados miúdos do 25 de xaneiro de 2020

106

O concerto didáctico “Fíos do querer” que terá lugar o vindeiro sábado 25 de xaneiro de 2020 ten as prazas cubertas. Cubríronse as prazas por orde de inscrición e preferencia dos nenos e das nenas empadroadas. Quen está inscrito e non obtivo praza fica na listaxe de agarda que se utilizará no caso de que haxa algunha baixa entre os/as participantes.

O programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados miúdos continuará no mes de febreiro co espectáculo “Bichocas” de Xarope Lulú que terá lugar o sábado 29 de febreiro, e cuxo prazo de inscrición estará aberto desde o 24 de febreiro.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do edificio Liceo, no teléfono 981 770 011 (ext. 2224) e no enderezo electrónico [email protected]

Cartel da actividade

22

“Fíos do querer”

A Cooperativa Miudiño nace do mundo da ilusión e dos soños, alimentada de tres grandes paixóns: a infancia, a natureza e o patrimonio cultural, que combinados entre si van dando vida a todo o que fan: música, contos, obradoiros, xoguetes, patios e espazos de xogo.
Acompañados dos seus pais e nais, os máis pequenos e pequenas gozarán de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, abrazos, facer palmiñas, o cabaliño etc. É un espectáculo dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.