O espectáculo “A pitiña Cocoricó” de Charo Pita, o 26 de setembro nos Sábados Miúdos

33

A pitiña Cocoricó”, o contacontos de Charo Pita dedicado á primeira infancia para nenas e nenos de ata 4 anos chega a Betanzos o sábado 28 de setembro ás 12:00 h no Salón azul do Edificio Arquivo dentro do Programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados miúdos.

O espectáculo ten 10 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dunha persoa adulta. O prazo de inscrición para o estará aberto en www.betanzos.gal (novas>sábados miúdos) desde o 21 de setembro ás 09:00 h ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no correo electrónico ou no teléfono facilitado no momento da inscrición.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do Edificio Arquivo, no teléfono 981 770 100 (ext. 2108) ou no enderezo electrónico [email protected]

A pitiña Cocoricó”

A pitiña Cocoricó” e un contacontos dedicado á primeira infancia para nenas e nenos de ata 4 anos. Na historia o arco da vella desapareceu e a lúa está triste, e só a pitiña Cocoricó, que acaba de saír do ovo, se atreve a ir buscalo… Poderá Cocoricó encontrar o arco da vella e devolverlle o sorriso á lúa? Contos cancións e xogos para os máis cativos.