O monólogo “Chistes que foron contos” de Avelino González este sábado 27 de novembro na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns

31

O sábado 27 de novembro ás 20:00 h na Aula de Cultura terá lugar o monólogo “Chistes que foron contos” por conta de Avelino González dentro da programación do Concello de Betanzos no programa Lingua a escena da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.

Avelino González é un coñecido actor, contador, monologuista e tradutor que participou e dirixiu diversas obras de teatro e é coñecido tamén polos seus traballos no cinema e na televisión, na que participo en series como Padre Casares, Cuéntame, As leis de Celavella, Rías Baixas, Hospital Central, Mareas Vivas ou Pratos Combinados.

Chistes que foron contos

Moitos chistes cos que hoxe rimos son unha adaptación de contos vellos. De curas, ricos, políticos, etc, que hoxe mudaron as formas pero non os contidos nin o fondo: Rir. Nomeadamente de quen manda. É algo así como se dixeramos “se non podes desobedecer, cando menos ri del”. Ademais, os contos, os chistes, non teñen máis fronteira que o sentido do humor de cada un. Por isto hai contos que se contan moi, moi semellantes en distintos países. É como se a globalización económica chegase despois da globalización do humor. Así hai contos que coñecemos como moi galegos, que se contan hoxendía na China ou no Vietnam.