O sábado 18 de setembro volven os Sábados Miúdos co Obradoiro Prende no colo de Luís Prego

69

O vindeiro sábado 18 de setembro volve a programación dos Sábados Miúdos e reiníciase co obradoiro de cantos de berce “Prende no colo” por conta de Luís Prego na Aula de Usos Múltiples ás 12:00 h da mañá.

O espectáculo está destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias e ten unha duración de 50 minutos. A actividade ten 15 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dunha soa persoa adulta. O prazo de inscrición para o espectáculo estará aberto en www.betanzos.gal (novas>sábados miúdos) entre o 13 e o 16 de setembro de 2021 e ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no enderezo electrónico facilitado no momento da inscrición.

A vindeira sesión dos Sábados Miúdos terá lugar o sábado 23 de outubro na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns cos “Contos de medo que deixan durmir” por conta de Caxoto Contacontos e con motivo da celebración do Samaín.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado no segundo andar da Casa do Concello, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico [email protected].

Obradoiro de cantos de berce “Prende no colo”

Este obradoiro está destinado a familias con nenos e nenas de ata 3 anos e achegará cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar ás crianzas na linguaxe, no ritmo e na melodía a partir de temas tradicionais galegos. Acompañán as cantigas con músicas ao vivo interpretadas por Luís Prego, profesor de canto e baile tradicional e autor dos libros Para cantar e bailar e Xogos musicais.