Romaría en honor da Virxe da Angustia

105

Dentro da programación de dinamización local que realiza o Concello de Betanzos inclúense unha serie de actividades de posta en valor das festas ou romarías parroquiais que non poden celebrarse por segundo ano consecutivo con motivo da pandemia.

Así pois, o goberno local deseñou unha campaña na que se inclúen ou lanzamento de doce salvas e unha alborada nos días habituais de cada festividade. Con esta pequena lembranza o Concello trata de agradecer e poñer en valor o inestimable traballo levado a cabo polas distintas comisións veciñais e confrarías que veñen organizando as festas ou romarías nas parroquias do Concello desde hai anos e que na actualidade non se poden realizar.

Ademais, o goberno local está a organizar diversas accións para recuperar e consolidar estas festas ou romarías tradicionais para que no momento en que volva ser posible o Concello e as Comisións elaboren actividades de dinamización destas festas.

Dentro desta campaña o domingo 19 de setembro terán lugar as misas na honra da virxe da Angustia ás 11:00 h, as 13:30 h e 19:30 h e haberá bombas e alboradas, aínda que pola situación actual de pandemia non se realizará a tradicional procesión polas rúas da cidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

“La Angustia” Manuel Ares Faraldo. VER

Diario “El Mendo” 17 de setembro de 1890. Crónicas das Mariñas. VER

Periodico “Las Mariñas” 30 de xullo de 1993. VER

Periodico “Las Mariñas” 24 de setembro de 1993. VER

Romería de la Angustia 1982 Betanzos. VER