María Victoria Rivadulla Conde, gañadora do certame Bienal Balconadas 2024

318
A alcaldesa María Barral recibindo ao xurado do certame no edificio Liceo

María Victoria Rivadulla Conde de Muxia, coa obra “A moura do Mandeo”, correspondente á balconada número 48, resultou gañadora no certame de Balconadas 2024.

O premio ten unha dotación económica de 5000 euros.

Tamén se outorgaron dous accésit, dotados con 1500 euros cada un, á balconada número 60, titulada “Ruinas de embarcadero” de Manuel Ángel Serantes Morán, de Ponferrada, e a Carmen Muñoz Ortiz de Madrid coa balconada n.º 62 titulada “El camino de la Fe”.

Tamén houbo cinco mencións de honra a balconada n.º 1 titulada “Tinta e acrílico sobre lenzo” de María Álvarez Fernández de A Coruña; á balconada n.º 13, titulada “Marisma” de Luisa Valdes Aguirre de A Coruña; a balconada n.º33, titulada “Árbol” de Cristina Sierra Villegas de Vilagarcía de Arousa; a balconada 53, titulada “365 días en los que ordenar los jabones” de Isabel Durá Castello de Betanzos e a balconada 61, titulada “Cara ao mar” de Pilar Cancio Gónzalez de A Coruña. .

O xurado do certame de Balconadas de Betanzos percorreu as rúas do centro histórico para elixir o gañador deste ano entre 101 obras que foron seleccionadas para “colgar” nos balcóns das rúas desta zona e convertelas nun auténtico museo ao aire libre.

O xurado deste ano estivo composto por distintas personalidades do mundo da arte como María Isabel Pintado, como presidenta e directora; Daniel Loza, como secretario e Alfonso Costa Beiro, María Jesús Rodríguez Díaz, Mª Inmaculada Doval Porto, Manuel Silvestre Visa e Julio Sanjurjo Aler como vogais

O xurado acorda outorgar os premios da VIII Bienal de pintura Balconadas por unanimidade tendo en conta a calidade das obras no que fai a técnica, orixinalidade e valor estético

O concelleiro Andrés Hermida xunto ao xurado do certame baixo a obra nº 48 gañadora da Bienal Balconadas 2024

A entrega de premios será o 13 de agosto.

As obras, na seu maior parte, proceden do catro provincias galegas, aínda que tamén hai presenza de moitas comunidades autónomas de España: Valencia, Pais Vasco, Cataluña, Madrid, Asturias, Canarias. De fóra de España chegaron balconadas desde varios países de Europa e Sudamérica

Estarán expostas ata o 31 de agosto nos balcóns das rúas do centro histórico, e a Dirección da Bienal resérvase a decisión de aumentar o tempo de exposición.