Betanzos celebra esta fin de semana a súa XV edición do Betanjazz con dous...

O Concello de Betanzos organiza unha nova edición do Festival Betanjazz, integrado na Rede Cultural da Deputación da Coruña, cunha programación que achegará ao público dúas propostas musicais de gran calidade durante a fin de semana.

Pregón feira Franca Medieval 2026 “Elena Díaz Blanco, unha vida dedicada ao folclore de...

Elena Díaz Blanco é unha figura fundamental na conservación e difusión da cultura tradicional galega en Betanzos. Directora da Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF) desde a súa creación e responsable do Grupo Azougue, leva catro décadas entregada ao ensino, e á posta en valor da música e do baile tradicional.

CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xullo

A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

A Universidade Popular de Betanzos programa en xullo un curso de Historia da Arte,...

A Universidade Popular de Betanzos (UPB) desenvolverá durante o mes de xullo unha nova programación formativa e cultural que inclúe tres sesións do curso Historia da Arte, un faladoiro sobre a renda básica universal e un obradoiro de creación editorial. Todas as actividades terán lugar en distintos espazos culturais da cidade.

Aberto o prazo de participación na XVIII Bienal de Pintura Balconadas 2026

O Concello de Betanzos e a Fundación Manuel Villuendas Pena convocan a XVIII Bienal de Pintura Balconadas, un dos certames artísticos máis singulares de Galicia

Betanzos adicará ao cineasta e guionista galego Angel de la Cruz a XXIII Semana...

Betanzos celebrará a XXIII Semana Internacional de Cine do 21 ao 24 de xullo, dedicada nesta edición ao cineasta e guionista galego Ángel de la Cruz, un dos grandes nomes da animación e do cine español.

Comeza unha nova edición da universidade popular de Betanzos no museo das Mariñas

Esta mañá presentouse no Museo das Mariñas unha nova edición da Universidade Popular de Betanzos, unha iniciativa que busca achegar a cultura a toda a veciñanza a través de todo tipo de actividades, moitas delas promovidas por veciños e veciñas da cidade.

A EMuF pecha o curso 2025/26 cunha emotiva homenaxe a Elena Díaz polos seus...

A Aula de Cultura Xulio Cuns acolleu o pasado 14 de xuño a clausura do curso 2025/26 da Escola Municipal de Folclore (EMuF) de Betanzos, nun acto que reuniu alumnado, familias, profesorado e veciñanza para celebrar un ano máis de aprendizaxe, convivencia e compromiso coa conservación das nosas tradicións.

Betanzos súmase á conservación do patrimonio inmaterial cunha nova edición de “Toponimízate”

A Secretaría Xeral da Lingua en colaboración coa Real Academia Galega puxeron en marcha o programa “Toponimízate”, que desde o ano 2017 percorre as vilas galegas co obxectivo de transmitiren ao público o valor cultural da toponimia galega e de fomentaren a súa recolleita a través da plataforma Galicia Nomeada.

O Museo das Mariñas inaugura a exposición “De color Betanzos”, da artista Elena Otero...

O Museo das Mariñas inaguarou a mostra “De color Betanzos: Pinturas de Elena Otero Chas”, unha nova proposta expositiva que poderá visitarse ata o 31 de agosto.

Últimas Novas