DE INTERESE
Non perdas
Finalizou a primeira quenda do campamento de verán Betanzos Concilia coa...
A programación desta primeira quenda xirou ao redor do Mundial de Fútbol, a través da cal a rapazada de 3 a 12 anos puido desfrutar de actividades variadas, dende deportivas, de xogo, creativas, etc.
Betanzos homenaxea a Lar de Unta, Chimi Churri, e Anton Lagares...
A Comisión de Nomenclátor, Distincións e Honras do Concello aprobou por unanimidade a concesión dos Premios Garelos 2026, os máximos galardóns honoríficos que outorga cada dous anos para distinguir a persoas, entidades e colectivos que, pola súa traxectoria, dedicación e contribución ao desenvolvemento da cidade, constitúen un exemplo para toda a sociedade betanceira.
CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de agosto
Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar dúas actividades formativas. “Trámites electrónicos” e “Exame de teleformación .EMA”
Orde do día da sesión ordinaria do pleno de data 28...
O Concello de Betanzos ten diversos asuntos que tratar en sesión do Pleno tendo en conta os distintos expedientes conclusos e as mocións presentadas para ser sometidos á consideración do Pleno da Corporación.
Betanzos prepara unha nova edición do “Caneiros en familia” para o...
O Concello celebrará o sábado 1 de agosto unha nova edición do “Caneiros en familia”, unha romaría organizada coa idea de promover unha xira para que os betanceiros e betanceiras gocen dun día especial, subindo ata Os Caneiros en embarcacións ou a pé e, unha vez alí, xanten no campo, á beira do Mandeo, coas viandas que leven os propios romeiros.
Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas/excluidas ao servizo de comedor...
O Concello informa da publicación da listaxe provisional de persoas admitidas ao servizo de comedor escolar e ao programa de mañanceiros, así como das bonificacións correspondentes, do CEIP Francisco Vales Villamarín para o curso escolar 2026-2027.
A unidade móbil de doazón de sangue estará en Betanzos, o...
A unidade móbil de doazón de sangue estará en Betanzos, o luns 3 de agosto, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 horas na praza dos Irmáns García Naveira.
O Festival Vai de Rúa encherá Betanzos de teatro, circo e...
O Concello de Betanzos celebrará do 24 ao 26 de xullo a undécima edición do Festival de Artes Escénicas na Rúa "Vai de Rúa", unha cita xa consolidada na programación cultural do verán que achegará teatro, circo e espectáculos para todos os públicos a distintos espazos da cidade, todos eles con entrada libre.
O Concello finaliza os traballos de mellora da seguridad vial e...
O Concello vén de finalizar as actuacións de mellora da iluminación e da seguridade viaria na contorna da praza García Naveira, unha intervención que permitiu reforzar a visibilidade dos pasos de peóns e poñer en valor un dos espazos máis emblemáticos da cidade coa renovación da iluminación na zona dos Soportais.
O XV Betanjazz pechou cun notable éxito de público e consolidouse...
O XV Festival Betanjazz concluíu esta fin de semana cun notable éxito de asistencia, confirmando un ano máis a boa acollida que esta cita musical ten entre a veciñanza e as persoas visitantes.
Centos de persoas seguiron na Praza Irmáns García Naveira a final...
A instalación da pantalla xigante na Praza Irmáns García Naveira para seguir en directo a final do Mundial de Fútbol foi todo un éxito de participación, reunindo a centos de persoas que compartiron a emoción do encontro nun ambiente festivo e de convivencia.
A embarcación municipal Diana Cazadora retoma a súa actividade habitual a...
Debido a unha avaría técnica na embarcación que presta o servizo das rutas guiadas fluviais pola ría de Betanzos, quedan suspendidas todas as saídas temporalmente.
Actividades culturais, deportivas, coas mellores orquestas, aposta de Betanzos para seguir...
A alcaldesa, María Barral, adiantou boa parte das actividades culturais, deportivas e festivas que Betanzos celebrará nas vindeiras semanas e que farán que a cidade sexa un ano máis “un dos grandes polos de atracción cultural e turística de Galicia ”.
O Concello destaca o impacto que a Feira Franca Medieval ten...
A XXVII Feira Franca Medieval de Betanzos concluíu este domingo tras tres intensas xornadas nas que milleiros de persoas encheron as rúas do casco histórico para gozar dunha programación que volveu converter a cidade nun dos grandes referentes das recreacións históricas de Galicia.
Pregón feira Franca Medieval 2026 “Elena Díaz Blanco, unha vida dedicada...
Elena Díaz Blanco é unha figura fundamental na conservación e difusión da cultura tradicional galega en Betanzos. Directora da Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF) desde a súa creación e responsable do Grupo Azougue, leva catro décadas entregada ao ensino, e á posta en valor da música e do baile tradicional.
Concello e Deputación asinan o convenio para renovar o parque infantil...
O Concello e a Deputación asinaron o convenio da man da alcaldesa, María Barral, e o presidente provincial, Valentín González Formoso, que permitirá renovar o parque infantil do Pasatempo.
Betanzos remata os traballos de recuperación integral da fonte da Diana...
O Concello rematou os traballos de mellora e recuperación integral da fonte da Diana Cazadora, unha das imaxes máis emblemáticas e recoñecibles do patrimonio urbano da cidade.
A Policía Local e a Garda Civil incrementarán a colaboración con...
A situación de seguridade da cidade foi un dos asuntos abordados durante a Xunta Local de Seguridade convocada pola alcaldesa para analizar tanto este aspecto como os dispositivos previstos de cara á Feira Franca Medieval e ás festas patronais de agosto.
Betanzos abre o mercado municipal para convertilo no motor da revitalización...
O Concello inaugurou o pasado martes 7 de xullo, o Mercado Municipal, un dos proxectos estratéxicos máis importantes para a recuperación do casco histórico e para o impulso da actividade económica, comercial e turística da cidade.
CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xullo
A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.
A Universidade Popular de Betanzos programa en xullo un curso de...
A Universidade Popular de Betanzos (UPB) desenvolverá durante o mes de xullo unha nova programación formativa e cultural que inclúe tres sesións do curso Historia da Arte, un faladoiro sobre a renda básica universal e un obradoiro de creación editorial. Todas as actividades terán lugar en distintos espazos culturais da cidade.
O Concello felicita a Antón Lagares e Javier Cid polos seus...
O Concello de Betanzos quere expresar a súa máis sincera felicitación aos deportistas betanceiros Antón Lagares e Javier Cid, do Club Ría de Betanzos, pola extraordinaria actuación protagonizada no Campionato do Mundo Júnior de Canoa, disputado en Canadá.
O Concello recibe ao equipo infantil feminino do Santo Domingo Betanzos...
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, e o concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda, recibiron na Casa do Concello ao equipo infantil feminino do Club Santo Domingo Betanzos para felicitalo polo seu brillante ascenso á 1ª División Infantil Feminina.
Betanzos volverá demandar unha oficina permanente da Policía Nacional para a...
O Concello volverá solicitar ao Goberno que retome o proxecto para a implantación dunha oficina permanente da Policía Nacional na cidade, unha demanda histórica que xa foi formulada en anteriores ocasións e que continúa a ser unha necesidade para a capital da comarca.
O Concello inicia as obras de mellora do sistema de saneamiento...
O Concello iniciou as obras de mellora da arqueta situada nas inmediacións do Grupo Brigantium, unha actuación que permitirá mellorar a capacidade da rede de saneamento e pluviais e minimizar o risco de inundacións nos baixos dos edificios da zona.
Novo espazo de divulgación en Betanzos Acompáñate: recursos para previr a...
A partir do 3 de xullo, a web municipal contará cun novo espazo de divulgación dentro do programa Betanzos Acompáñate, creado co obxectivo de ofrecer recomendacións breves e prácticas para a prevención dos sentimentos de soidade non desexada.
Recuncho do Servizo de Atención temperá para este mes de xullo.
Este recuncho nace coa idea de ofrecer ás familias da nosa contorna contidos que poidan ser de utilidade sobre como é o desenvolvemento das nosas crianzas nas primeiras idades.
Aberto o prazo de participación na XVIII Bienal de Pintura Balconadas...
O Concello de Betanzos e a Fundación Manuel Villuendas Pena convocan a XVIII Bienal de Pintura Balconadas, un dos certames artísticos máis singulares de Galicia
Sesión ordinaria do pleno de data 30 de xuño de 2026.
O Concello de Betanzos ten diversos asuntos que tratar en sesión do Pleno tendo en conta os distintos expedientes conclusos e as mocións presentadas para ser sometidos á consideración do Pleno da Corporación.
Betanzos abriu a piscina exterior coa que iniciou o programa de...
O Concello abriu o pasado mércores, 1 de xullo, a piscina municipal descuberta, que prestará servizo de baño durante os meses de xullo e agosto. No caso de que o bo tempo continúe durante o mes de setembro, as instalacións permanecerán abertas ata o inicio do curso escolar.
Betanzos
few clouds
20.4
°
C
21.5
°
19.5
°
87 %
0.9kmh
11 %
Dom
20
°
Lun
28
°
Mar
29
°
Mér
26
°
Xov
24
°












































