VAI DE RÚA 2024 (IX Festival de artes escénicas na rúa do Concello de Betanzos)

4

Serán tres días ateigados de actividades culturais que ofrecen unha alternativa durante unha fin de semana que so Betanzos pode ofrecer, con música, teatro, maxia, obradoiros culturais…

Venres 26, ás 21:00 h na praza do Campo, terá lugar o espectáculo-pasarrúas “Moby Dick” da compañía Pedras de Cartón. Organizado polo Concello de Betanzos dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Sábado 27, ás 12:30 h no adro da igrexa de Santa María do Azougue,  terá lugar o espectáculo musical-familiar “Chuches Amil, dúo” do grupo Chuches Amil. Organizado polo Concello de Betanzos dentro do programa Cultura no Camiño da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

Sábado 27, ás 21:00 h na praza da Constitución, terá lugar o espectáculo de novo circo “Somos Circo” da compañía Desastronautas. Organizado polo Concello de Betanzos dentro do programa Cultura no Camiño da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

Domingo 28, ás 12:30 h na praza da Constitución, terá lugar o espectáculo de teatro “De Vilatriste a Vilalegre”. Organizado polo Concello de Betanzos dentro da programación do Centro Dramático Galego polo seu XL aniversario en coprodución co proxecto A utópica rodante con Teatro ó cubo.

Domingo 28ás 21:00 h na praza da Constitución,  terá lugar o espectáculo de novo circo “Glamping” da compañía SU.MA. Organizado polo Concello Betanzos dentro do programa Cultura no Camiño da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.

Para descargar o programa prema aquí