Aida Rodríguez Donoso, de Vigo, gañadora do certame especial de Balconadas 2019

4612
O xurado deste ano estivo composto por distintas personalidades do mundo da arte como María Isabel Pintado, como presidenta e directora; Daniel Loza, como secretario; Soledad Penalta, escultora; María Xesús Díaz, pintora; Xulio López Valcarcel, escritor; Manuel Silvestre Visa, artista plástico e Diana Viacambre, pintora.

Aida Rodríguez Donoso, coa obra “Tempus fugit”, correspondente á balconada número 15, resultou gañadora no certame especial de Balconadas convocado con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre ao actual centro histórico. Trátase dunha convocatoria única no que, a diferenza dos certames tradicionais, tiña unha temática restrinxida a Betanzos e a súa historia. O premio ten unha dotación económica de 5000 euros.

Primer premio. Balconada número 15 “ Tempus fugit” da autora Aida Rodríguez Donoso

Tamén se outorgaron dous accésit, dotados con 1500 euros cada un, á balconada número 55, titulada “Oitocentas noites betanceiras” de Miriam Loidi Zulet, de Irún, e a Juan Carlos Platis Cores de Vilagarcía de Arousa coa balconada n.º 21 titulada “Orixe”.

Accesit. Balconada número 55, titulada “Oitocentas noites betanceiras” de Miriam Loidi Zulet

 

Accesit. Balconada nº 21 titulada “ Orixe” do autor Juan Carlos Platis

Tamén houbo tres mencións de honra a a balconada n.º 32 titulada “O Globo” de Rocío Osorio García de Betanzos; á balconada n.º 22, titulada “Doce” dun grupo de alumnas de o IES Francisco Aguiar formado por Ana Boado, Celia Cernadas, Ana Pérez e Sonia Vázquez, baixo o asesoramento de o profesor José Manuel Rey Bao e a n.º 6, titulada “Benvida ao Castro de Untia” de María del Rocío Ramos Blanco de Oleiros.

Mención de honra. Balconada nº 32 titulada “O Globo” de Rocio Osorio García
Mención de honra. Balconada nº 22, titulada “Doce” dun grupo de alumnas do IES Francisco Aguiar formado por Ana Boado, Celia Cernadas, Ana Pérez e Sonia Vázquez
Mención de honra. Balconada nº 6, titulada “Benvida ao Castro de Untia” de María del Rocio Ramos Blanco

O xurado do certame de Balconadas de Betanzos percorreu as rúas do centro histórico para elixir o gañador deste ano entre máis de 60 obras que foron seleccionadas para “colgar” nos balcóns das rúas desta zona e convertelas nun auténtico museo ao aire libre.

O xurado valorou a adecuación da obra á súa contorna expositiva pola súa técnica e temática, un “exercicio complexo dada a calidade e o nivel dos traballos que se presentaron”. A entrega de premios será o 13 de agosto.

A alcaldesa de Betanzos María Barral Varela co xurado do certame de Balconadas de Betanzos que percorreu as rúas do centro histórico para elixir o gañador

A entrega de premios será o 13 de agosto.

As obras, na seu maior parte, proceden do catro provincias galegas, aínda que tamén hai presenza de moitas comunidades autónomas de España: Valencia, Pais Vasco, Cataluña, Madrid, Asturias, Canarias. De fóra de España chegaron balconadas desde Holanda e EUA.

Estarán expostas ata o 28 de agosto nos balcóns das rúas do centro histórico, e a Dirección da Bienal resérvase a decisión de aumentar o tempo de exposición.