O Concello de Betanzos resolve o XIV Concurso de carteis das Letras Galegas

73

Marisol Fontán Alonso do Centro Pai Menni gañou o primeiro premio do XIV Concurso de carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos. O cartel ilustrará o programa das Letras Galegas do Concello de Betanzos 2024.

1.º premio – Marisol Fontán Alonso – Centro Pai Menni

 

 

 

 

 

 

 

 

Os accésits da décimo cuarta edición deste concurso foron para Camila Alessandra Plaza González de 5.º de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e Jorge Vía Rodríguez de 1.º de primaria do CPR da Nosa Señora do Carme “Atocha”

Accésit – Camila Alessandra Plaza González – CEIP Francisco Vales Villamarín (5.º EP)

 

 

 

 

 

 

Accésit – Jorge Vía Rodríguez – CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” (1.º EP)

No XIV Concurso de carteis das Letras Galegas participou alumnado do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín e do Centro Pai Menni. O xurado valorou a participación, a calidade e a orixinalidade e a adecuación ás bases dos carteis presentados.

A entrega dos premios do XIV Concurso de carteis das Letras Galegas realizarase o vindeiro venres 24 de maio ás 19:30 h no Salón Azul do edificio Arquivo.