Identificado o autor das pintadas no palco da música, que foi rehabilitado hai uns meses

1369
Pintadas na base do palco da música

Betanzos, 14 de febreiro de 2018. A Policía Local identificou á persoa que o pasado día 10, pola tarde, realizou diversas pintadas no palco da Música. A persoa foi identificada a escasos metros do palco, despois de realizar pintadas nunha parede de propiedade privada, situada na rúa Nova.

Outra das pintadas aparecidas no palco

O Concello encargou un informe de valoración dos danos e en función dese informe imputaráselle o delito correspondente. O palco da música, forma parte dos elementos arquitectónicos protexidos e foi rehabilitado hai uns meses. As pintadas apareceron en varias pedras da súa estrutura base.