O BetanJazz+ reúniu a grandes nomes do jazz galego co casco histórico como escenario

1476

A concelleira de Cultura, María Barral, presentou a VII edición do BetanzJazz+. A cita vaise celebrose o pasado venres ata o domingo na praza da Constitución e contará coas actuacións de Diego Negro & The Barefoot Zen Wonderers, Azougue e Black.

Trátase dunha proposta musical que, ano tras ano, gaña adeptos, “converténdose nunha das citas ineludibles do verán betanceiro coa mellor música de jazz que hoxe se fai en Galicia”, tal e como explicou a concelleira.

O BetanJazz+ pretende abrir “unha xanela para que o público coñeza de primeira man propostas que representan hoxe o diálogo entre as músicas do mundo”, apuntou María Barral. As actuacións tiveron lugar na Praza da Constitución ás 21.30 horas os tres días: venres, sábado e domingo.

O programa arrancou o día 13 con Diego Negro & the Barefoot Zen Wonderers, unha formación compostelá que conta coa voz de Diego Negro e que pon en escena temas catalogados polos expertos coma neosoul, un son con reminiscencias de jazz e funk.

O sábado 14 a quenda foi para Azougue, unha formación integrada por Pedro Lamas (saxos soprano e barítono, gaita, dulzaina, accordina e percusións), Jacobo de Miguel (piano) e Xosé Lois Romero (percusións tradicionais). Na súa proposta musical a world music conflúe coa música clásica e o jazz, aportando un achegamento á música tradicional.

Xa o domingo 15, a voz de Iria Mejuto encheu de soul a Praza da Constitución. Ela encabeza a formación de Black que chegou a Betanzos en formato gran escena, é dicir, con nove músicos dispostos a poñer a bailar ao público con temas de artistas tan coñecidos como Tina Turner, James Brown ou Aretha Franklin. En concreto con Black actuarán no BetanzJazz+: Richi Rozas, Wilson Ortega, Fany Castro, Juan Folla, Jorge Quesada, Anxo Seco, Gorg Gorgian, Lucía Veiga e a mencionada Iria Mejuto.