O Concello saca a concurso a ocupación de postos de venda no mercado municipal para peixe, carne, froitas e verduras

974

Pretende con iso facilitar a produtores e produtoras da zona ou persoas emprendedoras o acceso a un posto no que iniciar de forma económica a súa actividade.

O goberno local sacou contratación a adxudicación de postos no mercado municipal que como consecuencia doutras ocupacións profesionais das persoas que os rexentaban ou por xubilacións foron ficando baleiros. Trátase de postos para a venda de peixe, froitas, verduras, carnes, e embutidos… As persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas municipais para recibir información e completar as súas solicitudes.

A medida ten como principal obxectivo dinamizar o mercado e posibilitar, de forma especial, a persoas emprendedoras, xente en situación de desemprego, ou novos produtores e produtoras agroalimentarias, etc, que teñan un lugar no que poder vender produtos. De feito, ese é o principal obxectivo , segundo a concelleira de Comercio, “facilitar un lugar no que emprender a súa ocupación e que logo, como fixeron outros durante estes últimos anos, poidan, se o desexan, seguir ampliando a súa actividade noutro tipo de local da cidade”. Coa concesión destes novos postos o mercado chegaría ao 100% de ocupación.

Con esta convocatoria, o goberno local pretende seguir potenciando o uso deste edificio municipal que foi obxecto de varias actuacións por parte do Concello para mellorar as súas condicións, promocionar os postos e “trasladar que comprar nas súas instalacións é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada”.

A edil lembrou que, ademais das campañas promocionais, se levaron a cabo durante os últimos anos diversas obras, a última a da cuberta, unha actuación que no seu momento se considerou urxente tendo en conta o estado de conservación destas zonas da cuberta con rotura de tella e outros síntomas que facía necesario un proxecto de adecuación reforzando o sistema cunhas obras que superaron os 40 000 euros.

Entre outras obras instaláronse portas de acceso automáticas, a colocación de biombos de separación dos postos, instalación de novos toldos nos postos, letreiros indicadores de cada posto, pintado do edificio e ventás de madeira, derrubamento da medianeira que separaba a zona da froitaría e carnizaría coa de peixaría, renovación da sinalización con carteis indicativos en diversas zonas do centro histórico, todo iso dentro dun programa que ten como obxectivo “mellorar e impulsar o mercado como acción dinamizadora tamén do centro histórico”, segundo indicou a concelleira de Comercio.

Anuncio da convocatoria. VER