A veciñanza elixe a ampliación do patio cuberto do aulario como inversión dos orzamentos participativos

1210

A ampliación do patio cuberto do aulario de Infantil do Colexio Vales Villamarín foi a proposta elixida polos veciños na votación popular do programa de orzamentos participativos. A proposta obtivo 254 votos dos 374 que se depositaron na urna que o Concello habilitou para este proceso durante as dúas últimas semanas nas oficinas do edificio Liceo. Dos 374 resultaron válidos 369, tres foron brancos e dous nulos.

O programa de orzamentos participativos comezou o pasado mes de setembro, abrindo un período de 15 días para que os veciños a nivel particular ou colectivo presentasen as súas propostas que, en ningún caso, podían superar os 50.000 euros de investimento.

En total, rexistráronse 23 peticións,  correspondentes a 12 proxectos diferentes. Deles, despois do análise realizado polos servizos técnicos municipais en canto a viabilidade xurídica, técnica e económica de cada unha das propostas presentadas, foron sometidas a votación popular  un total de nove. O pasado día 6 abriuse ou período  votación popular que se desenvolveu durante dúas semanas e que logo se ampliou un día máis, este pasado sábado, para facilitar o voto dos veciños que non puideron facelo pola semana. Votaron persoas empadroadas en Betanzos maiores de 16 anos.

Foi o primeiro proceso aberto polo Concello para que a veciñanza, a través dunha participación popular, propuxese,  primeiro e, logo  elixise unha actuación concreta con cargo a unha partida orzamentaria específica para este fin.

Agora o Concello será o encargado de elaborar o proxecto técnico e contratar logo os traballos. Neste caso, ao ser unha obra que ten competencia directa a Xunta, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, antes de facer a contratación o Concello deberá contar con todas as autorizacións pertinentes.

O segundo proxecto máis votado foi o do  parque infantil cuberto co 42 votos por diante da proposta de reparación do pavillón do Estanque do Retiro do parque do Pasatempo que obtivo 30 votos.

En cuarto lugar, clasificouse a proposta de melloras en Roibeira que incluía o amaño e asfaltado do Camiño de Cal das Barras dende Roibeira a Betanzos con canalización de auga, e contención de derrubes de terra con 20 votos.

A quinta proposta máis votada foi a de creación dun espazo de estadía con árbores na Praza do Peirao con 11 votos  mentras que a sexta foi outra sobre melloras neste caso na zona da Magdalena-A Condomiña  con 5 votos.

A renovación parcial da rede de saneamento no Camiño da Estación obtivo 3 votos, quedando en sétimo posto; mentras unha proposta de melloras en Piadela e outra de renovación da sala de exposicións do Liceo logaron 2 votos cada unha delas.