A unidade móbil de doazón de sangue estará en Betanzos, o día 19 de xuño na praza dos Irmáns García Naveira.

2494

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Betanzos, o venres 19 de xuño, de 16:00 a 21:00 horas na praza dos Irmáns García Naveira.

Non esquezas a túa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade.

Cada día mantemos abertos os locais de doazón nas sete grandes cidades e desprazamos dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais.

Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano. O noso obxectivo só é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doantes.

 

Na situación actual, traballamos cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes de sangue.

Tamén dispoñemos dun teléfono gratuíto para solicitar autocita para doar sangue de xeito cómodo e seguro (900 100 828).