Cursos para a preparación do Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2020

1154

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar no Diario Oficial de Galicia n.º 19, do 29 dexaneiro de 2020, unha convocatoria de cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, tanto na modalidade presencial como de teleformación

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria, é dicir, desde o 30 de xaneiro de 2020. As solicitudes para os cursos presenciais realizaranse preferiblemente por vía electrónica, no caso dos cursos de teleformación farase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/).

Estes cursos de preparación para a obtención dos distintos niveis dos certificados de lingua galega son gratuítos, están dirixidos a persoas maiores de 16 anos e teñen unha duración de 70 horas. Na programación constan cursos presenciais de preparación do Celga 2, 3 e 4 nas localidades da Coruña e Ferrol; así mesmo ofertan cursos de teleformación para os Celga 1, 2, 3 e 4.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 011 (ext. 2224) ou no enderezo electrónico [email protected].

Podes consultar a convocatoria completa e a información dos cursos ofertados aquí.