- Este evento ha pasado.
Sesión de narración oral dentro do Proxecto Memoria
1 Abril, 2022 @ 20:00 - 21:30
Por conta da contadora Charo Pita. Organiza o Concello de Betanzos có patrocinio da Deputación da Coruña e a Fundación Paideia.
Memoria é un proxecto de narración oral e recollida de historias. Un proxecto de participación coas comunidades de maiores dos Concellos de A Coruña, Oleiros, Betanzos e Sada que se desenvolveu entre os meses de febreiro e marzo de 2021.
Agora, un ano despois deses encontros, realízase a presentación pública do proxecto que se cristaliza nun espectáculo de narración oral da man de Charo Pita. Esta proposta concentra as vivencias, a loita, a emoción e os procesos destas personas que, dende a súa xenerosidade, decidiron compartir estas historias con Charo e con todas nós, para que a memoria de Betanzos e en particular das veciñas e veciños, permaneza para sempre no noso imaxinario. Os escontros deron lugar a multitude de conversas e reflexións que nos levan ás lembranzas dun pasado compartido nas rúas e nos espazos públicos coa familia e as amizades.
Un espectáculo sobre a memoria, sobre a historia viva e sobre o concello de Betanzos e comunidade que o habita.