Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
Todo el Día
Exposición colectiva “Mokuhanga: el grabado en madera japonés”
Na Sala de exposicións temporais da Sede da Fundación CIEC, de martes a sábados en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
Más información »Aberto o prazo do XIV Concurso de carteis das Letras Galegas
Dirixido ao alumnado de primaria e diversidade funcional dos centros educativos de Betanzos. Os carteis poderanse entregar na Biblioteca municipal, na Casa do Concello ou nas secretarías do CEIP Francisco Vales Villamarín, do CPR Nosa Señora do Carme "Atocha" e do Centro Pai Menni. Máis información en [email protected].
Más información »Obradoiros de poesía e escrita creativa “Somos as nosas palabras”
En horario lectivo varios por conta das escritoras galegas Dores Tembrás e Antía Otero do colectivo Apiario para o alumnado de secundaria do IES Francisco Aguiar. Organiza o Concello de Betanzos dentro da programación do Día Internacional do Libro e da Lectura.
Más información »Sesións do espectáculo de narración oral “As chaves de Lu”
Xoves 18, desenvolveranse en horario lectivo, arredor de Luísa Villalta por conta da narradora Raquel Queizás para o alumnado de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín. Esta actividade está organizada polo Concello de Betanzos con motivo do Día internacional do libro e da lectura.
Más información »