
Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
Setembro 2023
Obradoiro “Quen fai un cesto, fai un cento”
Por conta de Pedras de Papel Artesanía e Patrimonio, destinado a maiores de 8 anos (os/as menores deberán vir acompañados/as dunha persoa adulta). Actividade de balde con prazas limitadas e é necesario a inscrición en [email protected]. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa Ler conta moito promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Xunta de Galicia) para bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Más información »Obradoiro de bordado con Lúa Mosquetera
Destinado a maiores de 8 anos (os/as menores deberán vir acompañados dunha persoa adulta). Actividade de balde con prazas limitadas e é necesario a inscrición en [email protected]. Organiza o Concello de Betanzos coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.
Más información »Curso “Identidade dixital e trámites electrónicos”
En horario de 10:00 h a 11:30 h. Para máis información e inscricións na propia aula. Organiza o Concello de Betanzos.
Más información »Visita guiada “Betanzos monumental”
Para un mínimo de 10 persoas e un máximo de 35 persoas, con punto de reunión para a saída na Oficina de Turismo de Betanzos. Para máis información e inscricións na propia Oficina situada na praza de Galicia 1, no teléfono 981 776 666 e no enderezo electrónico t[email protected]. Actividade de balde con inscrición previa.
Más información »Concerto das artistas Audrä e Carolina Rubirosa
Venres 15, ás 20:30 h na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns terá lugar o concerto das artistas Audrä e Carolina Rubirosa, dentro do VI Ciclo Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade Elas son Artistas. Entrada libre ata completar a capacidade.
Más información »Concerto por conta do grupo “Trío Cubey”
No Café Lanzós dentro das actividades do "BrigoDanza pola rúa". Organiza a Escola de baile SalsaNova coa colaboración do Concello de Betanzos.
Más información »Sábados Miúdos. Espectáculo de narración oral “Orella pendella”
Por conta de Migallas Teatro dentro do programa Sábados Miúdos 2023. Inscrición previa do 11 ao 14 de setembro en www.novas.betanzos.gal (preferencia empadroados/as). Organiza o Concello de Betanzos a través do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña.
Más información »Actividades do “BrigoDanza pola rúa”.
Venres 15, ás 22:30 h no Café Lanzós terá lugar un concerto por conta do grupo "Trío Cubey". Sábado 16 ás 16:00 h na praza da Constitución e no cantón Claudino Pita terán lugar obradoiros de danza para todas as idades. Sábado 16 ás 19:00 h na praza dos Irmáns García Naveira terán lugar unha batalla de bachata e unha macro roda cubana. Sábado 16, s 19:45 h na Praza dos Irmáns García Naveira terá lugar a actuación do grupo…
Más información »Obradoiro “Onde está Amelia Earhart?”
Por conta de Andrea Barreiro, destinado a poboación entre 8 e 16 anos (os menores deberán vir acompañados dunha persoa adulta). Actividade de balde con prazas limitadas e é necesario a inscrición en [email protected]. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa Ler conta moito promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Xunta de Galicia) para bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, coa colaboración da Deputación da Coruña.
Más información »Obradoiro “Teléfono móbil”
En horario de 10:00 h a 12:00 h. Para máis información e inscricións na propia aula. Organiza o Concello de Betanzos.
Más información »Obradoiro de cómic
Por conta de Santi Gutierrez, destinado a poboación entre 7 e 20 anos (os menores deberán vir acompañados dunha persoa adulta). Actividade de balde con prazas limitadas e é necesario a inscrición en [email protected]. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa Ler conta moito promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Xunta de Galicia) para bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, coa colaboración da Deputación da Coruña.
Más información »Obradoiro-concerto “Onda sonora”
Martes 26, ás 12:00 h por conta de García MC, para o alumnado de secundaria dos centros de ensino. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña.
Más información »