María Barral asume a área social e a supervisión e coordinación de proxectos, incorporando a todos os grupos políticos á mesa de Contratación

263
Fachada principal da Casa do Concello

María Barral, anunciou a distrbución das áreas de goberno despois de ser elexida o pasado sábado alcaldesa durante o pleno de investidura. A primeira edil explicou que a alcaldía se reforzará o papel de coordinación e supervisión de proxectos e actuacións, mantendo, a súa vez, a dirección da área social con Servizos Sociais, Igualdade e Maiores.

O primeiro tenente de alcalde, Diego Fernández, asumirá as competencias nos asuntos de Economía e Facenda, Contratación e Proxectos Europeos; Seguridade e Mobilidade; Urbanismo, Patrimonio e Casco Histórico, áreas de xestión “sumamente importantes e base do crecemento de Betanzos para os vindeiros anos, con proxectos ya aprobados, a través de fondos europeos, e plans como o de Urbanismo ou o de Protección do Casco  Histórico que tamén  deberán ser rematados e aprobados”.

O segundo tenente de alcalde, Andrés Hermida, asumirá as competencias de Persoal; Educación; Medio Ambiente, Parques e Xardíns e Obras Públicas e Servizos. A maiores dos departamentos de Obras e Servizos, créase unha competencia específica para parques e xardíns co obxectivo de mellorar e renovar estas áreas, incluindo un programa de parques e áreas de xogos infantís.

A terceira tenente de alcalde,  Ana Belén Veiga Pita, farase cargo da delegación de  Cultura; Normalización Lingüística; Honras e Distincións e Turismo, o cuarto tenente de alcalde, Ricardo Cheda Faraldo, cos asuntos de Mocidade e Innovación; Formación e Emprego; Deportes e Participación Cidadá. E a quinta  tenente de alcalde,  Ángeles Veiga López con Comercio, Hostalaría e Industria; Festas; Promoción Económica; Feiras e Mercados.

O Pleno de organización celebrarase o vindeiro xoves, día 22, ás 20.45 horas tralo sorteo das mesas electorais do 23 de xullo.

Nese pleno darase conta dos decretos da alcaldía cos nomeamentos de tenentes de alcalde; creación da Xunta de Goberno, da que formarán parte os seis mebros do grupo de goberno; as delegacións e a mesa de contratación, que incorpora neste mandato a un representante de cada partido con representación municipal. Aprobarase a periodicidade das sesións plenarias, que serán o último martes de cada mes e nas que neste mandato acada partido poderá presentar tres mocións;  así como o número e composición das comisións informativas; e o réximen de dedicacións e indemnizacións e asignacións dos concelleiros/as.