A campaña Liberdade de Ser e Sentir chega ao Concello de Betanzos coa actividade Faladoiro Diversidade LGTBI+

7

O Concello de Betanzos colabora, un ano máis, coa Deputación da Coruña na organización de actividades co gallo do Día Internacional da Diversidade Sexual, que se conmemora o 28 de xuño.

Nesta ocasión, dentro da campaña Liberdade de Ser e Sentir, a entidade A.L.A.S Coruña impartirá un faladoiro participativo sobre os dereitos do colectivo LGTBI+, un tema importante que concerne a toda a sociedade.

Desenvolverase o mércores 10 de xullo ás 11:00 horas no Salón Azul do Edificio Liceo, con entrada libre ata completar aforo, polo que convidamos tanto ao tecido social e asociativo da comarca , así como á cidadanía en xeral, a acompañarnos nesta xornada.