Aberto o prazo de solicitude de praza na escola infantil municipal Santiago de la Fuente

355

O Concello abriu o prazo de solicitude de praza na Escola Infantil Municipal Santiago de la Fuente para o curso 2019/20. As persoas interesadas dispoñen ata o 2 de abril para presentar as súas solicitudes que poden descargar na web municipal www.betanzos.gal ou nas oficinas de Servizos Sociais, nas que tamén poderán presentar a documentación requirida.

Para renovación de praza o prazo finalizará o próximo día 15.

Curso 2019-2020 Modelo solicitude de praza na escola infantil municipal. Descargar solicitude

Curso 2019-2020 Modelo solicitude de renovación de praza na escola infantil municipal. Descargar solicitude