A agrupación local de Protección Civil realizou unhas xornadas formativas para actuar en incendios forestais e urbanos

57

A Agrupación Local de Protección Civil de Betanzos realizou un curso de formación, no que participou voluntariado de diversos concellos sobre actuacións no ámbito urbano, rural e de primeiros auxilios.

Así, os voluntarios realizaron prácticas en sufocar incendios en vivendas, en vehículos tras un accidente ou estacionado en vía pública; incendios forestais e de primeiros auxilios en caso de accidentes. Os exercicios realizáronse nas instalacións do centro de formación ocupacional de Bellavista.