O goberno local apoia ás entidades sociais e deportivas con subvencións para o desenvolvemento das súas actividades

143

Betanzos, 25 de febreiro de 2019. O goberno local asinou os convenios de colaboración con entidades sociais e deportivas para o desenvolvemento e apoio ás súas actividades con cargo aos orzamentos municipais deste ano.

Na relación de entidades están incluídos os clubs deportivos que contan con escolas nas que están matriculados centenares de nenos/as do Concello en distintas especialidades; así como entidades sociais como APEM, Cáritas, Cruz Vermella ou Aspace.

As axudas municipais cobren en gran medida as reducións que boa parte das entidades sufriron por parte doutras administracións e que nalgúns casos chegaron até o 80%, o que provocou uns importantes desaxustes económicos que sen esta axuda municipal, nalgúns casos, mesmo, provocarían a súa desaparición.

A alcaldesa, María Barral, destacou durante a sinatura dos convenios o importante labor que desenvolven estas entidades, que moven unha importante masa social e que cobren en certa medida un espazo de formación e axuda a moitas familias que sería imposible, materialmente, realizar desde a Administración pública. De aí a importancia que ten para un municipio como Betanzos poder contar con estas entidades. A alcaldesa destacou o traballo destas, xa que “a dedicación, colaboración e traballo nos diferentes programas e actividades que organizades é imprescindible para a nosa cidade”.

Nos convenios asinados, APEM recibirá 2500 euros para as súas actividades, mentres que Aspace terá unha axuda de 2000 euros; Cáritas Betanzos, 5500 euros, e Cruz Vermella Betanzos 5500 euros.

Tamén se asinaron convenios o Betanzos, C.F., 18 000 euros; o Club Náutico Ría de Betanzos, 12 000 euros; Club Troula Fútbol sala, 8000 euros; Subvención ao Club de Baloncesto Santo Domingo, 8 000 euros; Club Caimáns BTT, 3000 euros; Club Ciclista Betanzos, 3000 euros.

Nos próximos días asinaranse os da ANPA do CEIP Vales Villamarín para actividades extraescolares 11 000 euros; e os de comercio de ACEBE, con 14 000 euros; Asociación de Amigos dá Banda de Betanzos; Asociación de Amigos do Centro histórico; Coral Polifónica, e Asociación de Amigos do Centro histórico.