Xa está en marcha ata o 18 de novembro no Concello de Betanzos a Escola de apoderamento feminista de mulleres do rural Espadela.

125

O Concello de Betanzos continúa a súa aposta pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e polo apoderamento das mulleres, e por iso colabora no desenvolvemento da Escola Espadela.

A Escola consta de tres obradoiros; Con voz propia, dedicado ao fortelecemento da autoestima e promoción do liderado e a participación das mulleres; [email protected], que xirará arredor das novas tecnoloxías; e Habitando o noso corpo, que poñerá en valor a relación da mente e o corpo e a expresión de emocións. Estes obradoiros correrán a cargo da cooperativa Arabías.

Espadela iníciouse o mércores 18 de setembro e finaliza o mércores 18 de novembro. O horario será de 16:30 a 18:30 e poderán participar nela mulleres do Concello de Betanzos, pero tamén dos diferentes concellos da comarca.

A incrición pode realizarse directamente nas dependencias de Servizos Sociais, na Praza do Emigrante, ou ben a través do seu teléfono de contacto, 981770707. Tamén serán atendidas as incricións a través dos teléfonos da cooperativa Arabías: 619457324/667384221.