O Concello de Betanzos abre o prazo de inscrición para o campamento de verán Betanzos Concilia 2024 o venres 10 de maio.

78

Como cada ano, o Concello de Betanzos realiza o campamento de verán Betanzos Concilia, co obxectivo de fomentar a conciliación das familias betanceiras no período estival de 2024.

 

Desenvolverase nas dependencias do CEIP Francisco Vales Villamarín en tres quendas diferenciadas; a primeira do 24 de xuño ao 5 de xullo, a segunda do 8 ao 26 de xullo, e a terceira do 29 de xullo ao 14 de agosto.

Este ano amplíase o horario, de 08:00 a 15:00 horas. A entrada poderá realizarse ás 08:00 ou ás 09:00, e a saída ás 14:00 ou ás 15:00 horas.

 

O número de prazas ofertadas por quenda é de 60, tendo preferencia quen se encontre empadroado/a no municipio brigantino. A cota de participación por quenda e menor non se incrementa, sendo de 50 euros.

Poden realizar a solicitude as familias de nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, nacidos entre 2012 e 2020. O prazo de inscrición estará aberto dende o venres 10 de maio ata o venres 24 de maio, incluído.

Para descargar as Bases do servizo de campamentos de verán Betanzos Concilia 2024 prema aqui

As solicitudes presentaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Betanzos https://sede.betanzos.gal. As persoas que acrediten que non contan cós medios necesarios para realizalo por esta vía, poderán realizala solicitude de xeito presencial nas dependencias dos Servizos Sociais durante todo o prazo de inscrición.

Para descargar a INFORMACIÓN SOBRE CAMPAMENTOS DE VERÁN BETANZOS CONCILIA 2024 prema AQUÍ