Campamentos deportivos de verán 2024 da Deputación da Coruña

73

A Deputación da Coruña organiza para o mes de xullo os Campamentos Deportivos de Verán 2024, que se desenvolverán en varias quendas nas instalacións do IES Rosalía Mera, no Concello da Coruña. Ao Concello de Betanzos correspóndelle a cuarta quenda, do 14 ao 19 de xullo, e na actividade poderán participar os/as nenos/as de entre 9 e 14 anos xa cumpridos, (nados/as entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014), e que consten empadroados/as no Concello de Betanzos.

O prazo de inscrición xa está aberto e remata o martes 28 de maio. As inscricións faranse no Departamento de Deportes, no segundo andar da Casa do Concello, praza da Constitución s/n. As prazas son limitadas e adxudicaranse mediante sorteo público entre todos os nenos e nenas inscritos, tendo preferencia aqueles que non participasen en anteriores Campamentos Deportivos de Verán da Deputación.

A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe estadía e manutención en residencia, transporte interno, monitores, e actividades deportivas e culturais (deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais e etnográficas, actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respeto polos demáis), seguros e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.

Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Betanzos, Casa do Concello, segundo andar, Praza da Constitución s/n. Tlf 981 770 100 e en www.dacoruna.gal/deportes.