Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actividades CEMIT de Betanzos para o mes de xullo.

3 Xullo, 2023 - 20 Xullo, 2023

CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xullo.Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

Do 3 ao 7 de xullo realizarase o curso “Iniciación á informática para persoas adultas” dirixido á poboación en xeral sen coñecementos previos. Este curso levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.

Do 3 ao 7 de xullo realizarase o curso “Iniciación á informática para peques” dirixido á poboación menor de idade sen coñecementos previos. Este curso levarase a cabo en horario de 11:00 h a 12:30 h.

O 10 de xullo levarase a cabo o curso “Iniciación a Instagram”, dirixido á poboación en xeral que desexe iniciarse nesta rede social. Celebrarase en horario de 11:00 h a 12:30 h.

O 11 de xullo levarase a cabo o curso “Iniciación a TikTok”, dirixido á poboación en xeral que desexe iniciarse nesta rede social. Celebrarase en horario de 11:00 h a 12:30 h.

O 12 de xullo levarase a cabo o taller “Programación para nenos e nenas de 8 a 11 anos”, dirixido á poboación con idades comprendidas entre os 8 aos 11 anos. Celebrarase en horario de 10:00 h a 13:00 h.

O 13 de xullo levarase a cabo o taller “Programación para nenos e nenas de 12 a 15 anos”, dirixido á poboación con idades comprendidas entre os 8 aos 11 anos. Celebrarase en horario de 10:00 h a 13:00 h.

Do 17 ao 20 de xullo comezamos cun curso de capacitación dixital Programación e robótica con Microbitdirixido á poboación menor de idade sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:00 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 981 771 300, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal

Detalles

Comienza:
3 Xullo, 2023
Finaliza:
20 Xullo, 2023

Lugar

Aula CEMIT de Betanzos
Rúa Emilio Romay n.º 1
Betanzos, A Coruña 15300 España
+ Google Map

Organizador

Concello de Betanzos