A Fundación Globo de San Roque avanza nos traballos para a elaboración do aeróstato de papel que protagonizará as festas de agosto

166

A Fundación Globo de San Roque iniciou os traballos de elaboración do Globo de San Roque. Tras a última reunión da Fundación establecéronse os prazos de execución dos traballos, iniciados despois de concluír o período lectivo dos colexios xa que para a confección se ocupan o pavillón do CEIP Francisco Vales Villamarín e o IES Francisco Aguiar.

As persoas integrantes da parte técnica (composta por persoas voluntarias e representantes da familia Pita) comezaron os traballos contando xa con todo o material necesario para iso. Esta tarde recibiron a visita da presidenta da Fundación e alcaldesa, María Barral, quen amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento destes de cara ás festas de agosto.

Antes de inicio dos traballos celebráronse diversas reunións dos integrantes da Fundación para que todos os que forman parte desta fosen coñecendo ao detalle os pasos para a preparación do Globo, no que representa o símbolo máis importante das festas patronais de Betanzos.

A Fundación recibe cada ano 20 000 euros por parte do Concello para poder desenvolver as súas actividades.