Betanzos abre a piscina descuberta municipal nun mes de de xullo cunha ampla oferta de actividades culturais.

181
PISCINA DESCUBIERTA 1-agosto-2023

O Concello de Betanzos abre a piscina municipal descuberta, que prestará servizo de baño durante os meses de xullo, agosto e, en principio, a primeira quincena de setembro con horario de 15:00 h a 20:00 h. O acceso e emprego das instalacións será de un euro para menores e de dous euros para persoas adultas ata completar a capacidade.

A actividade forma parte da oferta de lecer de verán que programa o Concello e que tamén incluirá actividades deportivas e culturais. Xunto á piscina, neste inicio de verán tamén se puxeron en marcha os campamentos infantís, nos que participarán 180 menores dentro das políticas de conciliación familiar e de igualdade.

Para descargar a axenda cultural de xullo prema aquí

Para este mes de xullo, entre outras actividades destaca a Semana de Cine, presentada este pasado venres e dedicada nesta edición a Luís Tosar, o Festival de música do Pasatempo e da Feira Medieval que este ano cumprirá a súa XXV edición cun programa especial que comezará o xoves día 11, é dicir, terá unha xornada máis de celebración con relación a anos anteriores.

Tamén as rúas do centro histórico serán escenario da Bienal de Balconadas, entre a feira medieval e as festas de agosto, que converterán o centro histórico nun auténtico museo ao aire libre, con obras de arte provenientes de distintos países dado o carácter internacional da cita que este ano cumpre a súa XVII edición.

Os ciclos do Festival BetanJazz+ e as actividades do Festival de artes escénicas na rúa “Vai de rúa”, completarán a oferta cultural do mes de xullo que se completa tamén cos paseos fluviais os martes e xoves na embarcación municipal Diana Cazadora, entre Betanzos e Os Caneiros.