Betanzos actuará na retirada de elementos da fachada dun inmoble no que as persoas propietarias incumpriron a orde de execución

167
Inmoble situado na rúa Progreso número 13

O Concello efectuará con medios propios diversos traballos de retirada de elementos na fachada dun inmoble situado na rúa Progreso número 13 despois de que caesen á vía pública cascotes dunha cornixa.

O inmoble contaba cunha orde de execución de 2023 e o Concello autorizara as obras en xaneiro de 2024 para iniciar os traballos. As persoas propietarias deixaron caducar a licenza na que se incluían as actuacións previstas na orde de execución ditaminada polo Concello na que se esixía a reparación da fachada.

Agora, o Concello retirará os elementos de forma subsidiaria e esixirá e ordenaralle ás persoas propietarias que de maneira urxente realicen as obras previstas na orde de execución.

En caso de incumprimentos por parte das persoas propietarias ás novas ordes de execución, o Concello iniciará un proceso de sancións coercitivas.

O inmoble contaba cunha orde de execución de 2023