Betanzos denuncia que máis de 80 alumnos e alumnas quedan sen transporte escolar polos roteiros integrados e esíxelle á Xunta unha solución

366

Imos esixirlle á Xunta que ningún alumno nin alumna quede fóra do transporte escolar. Os roteiros integrados de transporte crearán, de fronte ao próximo curso escolar, “importantes problemas a moitas familias betanceiras ao deixar fora do servizo a uns 80 alumnos e alumnas, só do Vales Villamarín, que ata o de agora gozaban de autobús, ademais de verse afectados escolares do Francisco Aguiar e do IES As Mariñas”.

Trátase de alumnado que tiña transporte “excepcional” o pasado curso mais ao que os roteiros integrados non lle afectou. Con todo, de fronte o novo curso, a Xunta pretende darlle prioridade ao servizo integrado, co que o alumnado de servizos excepcionais “quedan nunha situación de incerteza, xa que non saberán, estando na parada, se poden ou non coller o bus, cando falamos de nenos e nenas a partir de catro anos, polo xeral, e algún de tres anos”. Dáse o paradoxa, nalgúns casos, que habendo irmáns, pola idade dun e outro, un ten dereito ao autobús e outro non, dependendo se un estuda primaria ou infantil.

Outro dos problemas xurdidos é o de seguridade. Os coidadores e coidadoras que viaxan nos autobuses contaban ata o de agora cunha listaxe de alumnado excepcional, co que cal había un control dese alumnado, se subía ou non ao autobús. “A partir de agora, non haberá listaxe de excepcional, que quedará fóra do servizo, e por tanto, se o utiliza, porque hai sitios vacantes na liña (no suposto de non cubrirse con persoas viaxeiras) non constará en ningunha listaxe oficial se ese alumno ou alumna, de tres de idade anos en diante, subiu ou non ao autobús”.

A situación aféctalle de forma especial aos alumnos e ás alumnas de Saavedra Meneses e a zona de Bellavista, ademais doutros municipios como Coirós e Paderne, que tamén utilizan este servizo.

O Concello agarda que a Xunta, responsable deste servizo, lle dea unha solución a un problema que lle afecta a outros municipios de Galicia e que se fará máis evidente no inicio de curso escolar. “Trátase dunha educación pública e un servizo público de transporte que é necesario para moitas familias. Por iso, pedímoslle ás consellerías implicadas, tanto a de Educación como a de Mobilidade, que reconsideren a situación e non deixen fóra, polos problemas que iso lle supón, a ao alumnado cualificado como excepcional no servizo e que ata o de agora gozaba deste. As situacións ou as causas de excepcionalidade son as mesmas que eran e que lles permitiu ter transporte escolar”.