O goberno local nomeará a Carlos Arévalo Fillo Predilecto de Betanzos

530
Carlos Arevalo, medalla de prata nos XXOO de Tokyio

O goberno local anunciou a súa intención de nomear Fillo Predilecto de Betanzos ao piragüista Carlos Arévalo, medalla de prata en K4-500 e diploma olímpico polo seu quinto posto en K1-200 nos Xogos de Tokio 2020.

Para poder ver as participacións de Carlos Arévalo nos xogos olímpicos de Tokio prema aquí

Así o anunciou a propia alcaldesa, María Barral, na súa conta de Twitter unha vez que conseguiu o segundo posto na final olímpica. O piragüista será recibido nos próximos días en Betanzos para renderlle a homenaxe que merece despois de levar o nome do termo municipal por todo o mundo.

A primeira edil anunciou tamén que a Comisión de Nomenclátor estudará, ademais, poñerlle o nome de Carlos Arévalo a algún equipamento ou zona para que perdurei para sempre. Será precisamente nesa comisión onde se defina o lugar ou equipamento que levará o nome de Carlos Arévalo.

A alcaldesa destacou o esforzo e traballo de Carlos Arévalo que o levou a alcanzar as actuais cotas e que posibilitará que aínda “se consigan máis éxitos”. “É un orgullo para Betanzos que unha persoa como el consiga a prata á que, estou segura, virán éxitos maiores” indicou que primeira edil quen destacou o labor da súa familia e tamén do Club de Piragüismo de Betanzos.

Sen dúbida isto fará que moitas máis nenos e nenas do Concello se animen con este deporte do que Betanzos, co Mandeo e a súa Ría, é un claro referente en Galicia e España”.