Betanzos continúa a desenvolver un programa de promoción da igualdade e saúde para mellorar inclusión social de familias do concello

593

O Concello de Betanzos continúa a desenvolver o Programa de Autonomía e Competencias Persoais e Sociais, posto en marcha no ano 2018, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, dentro do Obxectivo temático de promoción da igualdade, a saúde e a inclusión social, para dotar de competencias persoais e sociais ás familias de cara a mellorar a súa inclusión social.

O antedito programa desenvólvese polo persoal técnico dos servizos sociais municipais, promovendo a autonomía persoal e social da cidadanía que participa no programa, fomentando unha serie de destrezas, coñecementos, e estratexias necesarias para relacionarse satisfactoriamente na sociedade actual.

O programa da resposta a unha demanda detectada no traballo coa veciñanza co ánimo de reducir o número de persoas que se atopan en risco de exclusión social en relación ás súas competencias persoais.