O Concello require a preto de 50 propietarios/as de vehículos a movelos ou retiralos da vía pública tras meses estacionados

526

O Concello retirou da vía pública durante 2019 preto de medio centenar de vehículos que estaban estacionados en diversas rúas da cidade e da zona rural. Trátase dunha campaña emprendida pola Concellería de Tráfico co fin de instar os/as propietarios/as de vehículos que levaban un longo período de tempo aparcados en distintas rúas “a tomar medidas para evitar ocupar espazos públicos”.

A través da campaña, a Policía Local conseguiu que se retirasen da vía pública eses preto de cincuenta coches que se presumían atopábanse en situación de abandono. Algúns foron retirados directamente polas persoas propietarias a centros de residuos autorizados; algúns foron postos de novo en circulación, e outros foron retirados a un despezamento autorizado.

Os vehículos denunciados pola Policía Local estaban en Infesta (5); rúa do Rollo (4); Saavedra Meneses (3); Alcalde José Novo; Alcalde López Datorre; zona portuaria; Álvaro Cunqueiro; avenida Fraga Iribarne; Cruz Verde; e chaira do Carregal (2). Tamén se mobilización vehículos nas Mariñas; avenida do Carregal; rúa Nova; Concepción Arenal; avenida de Castela; As Angustias; Mandeo; rúa Venezuela; avenida Jesús García Naveira; Pintor Seijo Rubio; Caneiros e Camiño da Estación.

Canto a coches retirados a un xestor de residuos por parte do Concello hai seis que estaban aparcados en avenida López Datorre, avenida de Castela, Saavedra Meneses, chaira do Carregal, zona portuaria e na zona de Bellavista.

A campaña continuará por parte do Concello que xa ten localizados preto dunha vintena de vehículos, na zona rural e na urbana, para os que se iniciarán trámites co fin de que os seus propietarios retiren os coches.