Betanzos pretende someter a aprobación inicial a PXOM despois do verán

396

O equipo redactor presentou o documento en comisión á Corporación para disipar dúbidas e establecer os contactos previos a súa aprobación. Unha vez aprobado someterase a exposición pública.

Unha vez remitido á Xunta o documento de inicio do plan xeral, o goberno local convocou a Comisión de Seguimento do Plan na que anunciou a súa se levará ao Pleno para a súa aprobación inicial despois de verán. O equipo redactor explicoulles aos edís (incluídos os partidos da oposición) as bases do documento no que se planeará o ordenamento urbano e rústico para os próximos anos; as zonas de equipamento e dotacionais. Agora o equipo redactor estará disposición dos grupos da corporación para aclarar calquera dúbida ao respecto antes de sometelo a aprobación inicial

A partir dese momento, segundo explicou hoxe o concelleiro de Urbanismo, Andrés Hermida, o documento exporase publicamente para abrir un período de alegacións e consulta da veciñanza directa a equipo redactor.

O edil indicou que o proxecto é o mesmo no que traballou o goberno local durante o pasado mandato e do que informou aos distintos grupos políticos municipais que tamén achegaron as súas propostas. O documento prevé 2210 novas vivendas en solo urbano (1339 en urbano consolidado, 711 en non consolidado, ás que hai que sumar 160 de ámbitos que contan con plan subsistente). A estas 2210 novas vivendas en solo urbano, o documento amplía esta cantidade con 177 novas vivendas en urbanizable. No núcleo rural mantéñense sen apenas variación. Exponse unha capacidade teórica de ata 892 vivendas. En total, Betanzos prevé un límite de 3279 novas vivendas no período de vixencia da PXOM.

A empresa que desenvolve os traballos é Oficina de Plan S.A. Un dos aspectos que se tivo en conta, ademais do económico, á hora de adxudicar os traballos técnicos foi a duración destes. O prego de condicións prevía un tempo de 30 meses, unha duración que se establece como resultado de sumar o tempo de traballo que se prevé poida levar cada unha das fases de elaboración do documento. Neste sentido, a eses meses haberá que sumarlle tamén o tempo que poida haber entre fase e fase e o que “as administracións dediquen ás tramitacións que sexan das súas competencias”. En calquera caso, o PXOM non estará finalizado ata mediados de 2022.

O edil de urbanismo explicou que se trata dun “documento vital para que Betanzos non quede estancado e medre de forma ordenada, con novas zonas urbanas, e por suposto, con novos equipamentos e infraestruturas que fortalezan o noso municipio como referente comarcal, a nosa economía, o noso comercio e industria”.