Ciclo do X festival BetanzJazz+ galería de imaxes

558

O BetanJazz + chegou este ano á súa X edición e xa é unha das citas ineludibles do verán musical betanceiro. O ciclo desenvolveuse os días 16, 17 e 18 na praza da Constitución.

O jazz naceu do contaxio de diferentes músicas e leva tempo contaxiando outras músicas do mundo. Así, o festival confirma o seu formato e os seus horizontes para dar cabida ás novas expresións da música improvisada contemporánea. BetanJazz + quere ser unha xanela en que o público terá a posibilidade de poder coñecer de primeira man propostas que representan hoxe o diálogo entre as músicas do mundo e a música improvisada que se fai en Galicia.

O ciclo comezou o día 16 con La Rúe Band, un proxecto que combina a simplicidade de catro instrumentos moi enraizados no jazz, coa contundencia rítmica propia do jazz dos anos 20. A versatilidade rítmica da batería de Brais Villar, a creatividade melódica do saxofón soprano de Miguel González, a melancólica voz e o son cantado do saxofón barítono de Gueorgui Oganesian xunto á elegancia rítmica e melódica da guitarra de Alber Grela dan lugar a unha sonoridade única dentro do espectro musical nacional. La Rúe Band ofrece un concerto rítmico e enérxico, con composicións e arranxos orixinais, que dará una visión actual e divertida do jazz de principios do século XX.

O día 17, a quenda foi para Valentín Caamaño Quartet. Ata agora o trío base, formado por Alfonso Calvo ao contrabaixo e LAR Legido á batería, incorporou ao fantástico saxo tenor Xosé Miguélez, y ademais incorpora temas vocais. Todo isto para presentar o seu disco The Blind Wrestler (TinyMoon Records, 2017), que é e seu terceiro disco como líder

E o 18 foi para Dixie Kings&Paty Lesta. Os Dixie Kings nacen coa finalidade de introducir ó público no Jazz tradicional, o dixie e o swing que recordan ás bandas do primeiro cuarto do século vinte cos seus inconfundibles pasarrúas. Entre o seu repertorio están clásicos como Oh When The Saints go marching in o Down By the Riverside entre outros. Agrupación formada completamente por músicos profesionais, nas súas actuacións destaca a súa proximidade ao público, o bo ambiente e unha variada selección musical.