Betanzos trasládalle ao Consorcio unha serie de deficiencias do servizo de recollida de residuos para corrixir de cara ao verán

36

O Concello trasladoulle ao Consorcio das Mariñas e á  concesionaria do servizo de recollida de residuos una serie deficiencias e problemas no servizo co fin de que por parte da empresa se busque unha solución “a curto prazo” e se corrixan de cara ao verán. Entre esas melloras están os colectores. O mal estado os depósitos, fai necesario que moitos deles sexan substituídos e outros reparados, segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Andrés Hermida.

Para iso, o Concello realizou un informe no que lle se indica á empresa a localización destes colectores, os que son necesarios renovar e aqueles que presentan deficiencias que son corrixibles. Neste grupo están gran parte dos de carga lateral e algúns metálicos da zona rural. Tamén é necesario cambiar parte dos destinados a residuos orgánicos.

A limpeza dos colectores tamén é outra das deficiencias detectadas. Betanzos pediu unha maior frecuencia nos labores de limpeza, especialmente de cara ao verán. Existen localizacións na zona urbana, en colectores próximos a rúas nos que hai bastante presenza de locais de hostalaría onde os problemas xerados por malos cheiros dos colectores son unha queixa constante da veciñanza.  Nestas zonas, o Concello requírelle á empresa unha maior frecuencia de lavado dos depósitos. Na zona rural, solicitouse tamén máis días de recollida en lugares nos que, con relación a hai uns anos, incrementouse a veciñanza e as vivendas. Ademais, fixaron novos puntos de instalación de colectores.

Desde o Consorcio farase unha campaña de concienciación para que a veciñanza respecten as horas para depositar os residuos nos colectores e  evitar “que o lixo permaneza durante o día dentro do colector ou, o que é peor, en moitos casos, fóra dos depósitos, xerando malos cheiros”.

Esta campaña de concienciación ampliarase tamén con outra informativa canto á separación en orixe dos residuos.