O Concello retira, por seguridade, árbores e troncos no Mandeo

27

Os servizos municipais traballaron ao longo destes días na retirada de árbores de grandes dimensións no río Mandeo, á altura do campo de Os Caneiros e noutros puntos do río.

Tratábase de árbores que estaban danados ou que os temporais do inverno afectáranlles e o seu estado facía necesaria a súa retirada “por seguridade”, dado que se atopaban en zona de paso peonil.

Ademais, para as festas de agosto e ao aumento de embarcacións polo Mandeo durante as próximas semanas, retiráronse tamén troncos que estaban no leito do río para facilitar, na medida do posible, a navegación.